LACTANCIA MATERNA E OS SEUS BENEFICIOS
Julia Gallegos Pita, matrona
Carmen Núñez López, enfermera
Eduardo Seijo Garea, pediatra
Unidad de atención primaria. Carral (A Coruña)
marzo 2007
A lactancia materna non é unha ferramenta para conseguir a saúde, senon unha parte da saúde mesma.
A lactancia materna forma parte do ciclo sexual e reprodutivo da muller, é un dereito, nunca unha obriga nin un sacrificio.
É unha decisión libre e voluntaria.
O papel dos profesionais sanitarios é “axudar” as nais que desexen amamantar ós seus fillos “para que o consigan”. Existen ademais grupos de apoio á lactancia que facilitan á muller a información e o apoio doutras nais que dan de mamar.
¿CÓMO DAR O PEITO?
Só hai que saber dúas cousas: Esquecerse do reloxo e dar o peito en posición correcta
Os nenos nacen co instinto e a capacidade para buscar o peito, encontralo e mamar perfectamente. Por iso é importante favorecer desde o nacemento que estea en contacto coa sua nai, e poñelo ao peito nas duas primeiras horas despois do parto, sempre que sexa posible.
A Organización Mundial da Saude (OMS) recomenda a lactancia materna exclusiva ata os seis meses de idade, podendo recibir, ademais, vitaminas e minerais.
EFECTOS DA LACTANCIA MATERNA NA SAUDE DO NENO E DA NAI
Para o bebé
1 É un leite adaptado ás súas necesidades, deseñado exclusivamente para o neno, nutricionalmente superior a calquera leite alternativo, máis dixestivo.
2 Fresco e seguro (libre de bacterias)
3 Proporciona inmunidade fronte a enfermidades bacterianas e víricas. As defensas que durante o embarazo pasan a través da placenta complétanse coa lactancia materna.
4 Facilita a producción da flora intestinal.
5 Diminue o risco de padecer: diarreas, infeccións respiratorias, infeccións urinarias, infeccións de oídos, meninxites, enfermidades dixestivas, enfermidades alérxicas, morte súbita, diabetes mellitus insulino-dependente, enfermidades cardiovasculares.
6 Promove un correcto desenvolvemento dental (menos caries, menos tratamentos de ortodoncia).
7 Diminue a tendencia á obesidade (crecemento máis harmónico).
8 Reforza o desenvolvemento intelectual.
9 Promove o contacto nai-fillo, facilitando a relación.
Para a nai
1 Facilita a recuperación despois do parto, axuda a que o útero volva antes ao seu tamaño e posición normal, diminue a hemorraxia despois do parto, aumenta a duración dos ciclos anovulatorios (lactancia materna exclusiva, bebé menor de seis meses e nai sen regra, será eficaz nun 98% como método anticonceptivo).
2 Recuperación con máis rapidez do peso previo ao embarazo.
3 Diminue as fracturas óseas no período post-menopáusico.
4 Diminue o risco de padecer cancro de mama pre-menopáusico. Diminue o risco de padecer cancro de ovario.
5 Comodidade (non requiere preparación previa nin limpeza do material).
6 Aforro. É un leite económico.
VANTAXES SOCIAIS E ECONÓMICAS
1 Aforro sanitario (son bebés máis sans, polo tanto teñen menos enfermidades).
2 Diminuen o absentismo laboral da nai.
lactancia materna como relación nai-fillo.
(tacto, olor, respiración e o latexo do corazón da nai infundenlle seguridade).
Bibliografía
Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna.
Carlos González, pediatra (Temas de Hoy).
Lactancia materna. Guía para profesionales
Monografías de la Asociación Española de Pediatría (A.E.P) nº 5.
O noso agradecemento a Rosario Sambade pola cesión das fotografías
www.mamaybebegalicia.com. Todos los derechos reservados. Este sitio provee información general y está concebido como guía informativa. Si tiene alguna duda sobre su salud o a la de su bebé deberá siempre consultar a su médico o matrona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario