Previsión de controis para o seguimento do embarazo normal.
Centro de Saúde de Narón
Información para a usuaria
1ª visita: Apertura da Historia e Cartilla do embarazo
Petición das análises
Citas para: *Médico de Familia de Narón (ás 8 semanas)
*Consulta Prenatal no Centro de Especialidades do Marcide (na
semana 12)
*Dentista
*Seguinte revisión
2ª visita: Será con un dos Médicos de Familia de Narón (ás 8 semanas) para ver resultados das análises e facer un control máis unha ecografía.
3ª visita: Na semana 13, coa Matrona: valoración do estado xeral da nai e control de peso, tensión arterial e tons fetais.
4ª visita: Entre as semanas 17 e 18; igual ca anterior, mais pídese a 2ª analítica co test de O’Sullivan, que se fará na semana 24.
5ª visita: Arredor da semana 22, coa Matrona: valoración do estado xeral e control de peso, tensión arterial, crecemento uterino e tons fetais. Segunda visita á consulta prenatal no Centro de Especialidades do Hospital Arquitecto Marcide.
6ª visita: Co Médico de Familia, arredor da semana 26: valoración resultados analítica, control e ecografía (se procede).
7ª visita: Entre as semanas 30 e 31, coa Matrona: valoración do estado xeral e control de peso, tensión arterial, crecemento uterino e tons fetais. Petición das probas da anestesia epidural.
Inícianse as clases de preparación ó parto (mércores, de 10 a 12 horas; sala 16, 2ª planta).
Na semana 32, terceira visita na consulta prenatal.
8ª visita: Arredor da semana 35, coa Matrona: valoración do estado xeral, control de peso, tensión arterial, crecemento uterino e tons fetais. Toma de mostras para detección do Estreptococo Agalactiae.
9ª visita: Arredor da semana 38, coa Matrona: valoración do estado xeral, síntomas preparto, control de peso, tensión arterial, crecemento uterino e tons fetais.
Aquí chaman para a consulta co anestesista.
10ª visita: Arredor da semana 39. Igual que a anterior.
Se non ten parido na semana 40, remítese para control Preparto no H. A. Marcide.
www.mamaybebegalicia.com. Todos los derechos reservados. Este sitio provee información general y está concebido como guía informativa. Si tiene alguna duda sobre su salud o a la de su bebé deberá siempre consultar a su médico o matrona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario